CIG-Saúde denuncia la agresión a persoas sin recursos y desemplead@s

sábado, 3 de diciembre de 2011

A/A. XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE FERROL.

A Orde da Consellería de sanidade de 5 de Setembro de 2011 (DOG 173, 29 de Setembro do 2011) “

Pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento o dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego”, na súa aplicación práctica supón, que as persoas que tiñan solicitado a tarxeta sanitaria como persoas sen recursos antes do 29 de setembro, teñen médico asignado, poden ser citados e teñen a prestación farmacéutica.

Despois do 29 de Setembro, as persoas sen recursos que se encontren en tramitación da tarxeta sanitaria teñen garantida tan só a asistencia de urxencia/emerxencia.


As/os solicitantes dunha atención sanitaria, tanto urxente como non urxente vénse na obriga de asinar un compromiso de pago. Por entrar máis en detalle, son clasificados como usuarios “
PRIVADOS” e quedan rexistrados como “persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. Só asistencia urxencia/emerxencia”.

A todo isto aclarar que a Orde da Consellería engade unha serie de requisitos para poder acadar unha asistencia sanitaria completa:

- No caso de persoas sen recursos económicos: se require unha antigüidade como residente no estado Español mínima de 183 días. Polo tanto, unha persoa que non cumpra este requisito estará sen ningún tipo de prestación ata que teña a antigüidade antes citada e poida solicitar PSR, tendo nese momento dereito tan só a unha prestación de urxencia/emerxencia.

- No caso dos desempregados: ter estado como traballador activo ou agotada a prestación ou o subsidio de desemprego no período comprendido nos 12 meses anteriores a solicitude. Polo que unha persoa que non cumpra este requisito se atopa que ten dereito tan só a unha prestación de urxencia/emerxencia.
Esta orde da Consellería de Sanidade deixa as persoas sen recursos económicos suficientes, esperando por unha tarxeta sanitaria que tarda meses en ser concedida, tendo dereito tan só a unha atención sanitaria urxente co correspondente compromiso de pago e o que é moito máis grave deixa sen asistencia sanitaria de ningún tipo ás persoas maiores de 18 anos sen recursos, que leven menos de 183 días en España.

Resulta indignante que a Consellería de Sanidade diga que é a única Comunidade Autónoma que “garante de oficio a asistencia sanitaria a desempregados de longa duración e persoas sen recursos”. Un verdadeiro insulto para toda a poboación, sobre todo para as persoas con maiores dificultades.

De todos é sabido que antes desta Orde da Consellería de Sanidade unha persoa sen recursos que estaba en tramitación da súa tarxeta sanitaria, tiña dereito a asistencia sanitaria en iguais condicións que o resto dos usuarios do SERGAS (podía pedir cita no seu médico, tiña dereito a medicamentos, tiña dereito a consulta cun especialista, etc.).

Podemos afirmar que a Consellería está a mentir, a proba desta afirmación está na orde da Consellería publicada en DOG, nas informacións sobre os protocolos remitidos aos profesionais responsables da tramitación da tarxeta sanitaria e aos centos de persoas que a día de hoxe non teñen dereito a acudir a unha consulta médica nin a ter medicamentos.

Por todo o anteriormente exposto solicitamos da Xerencia de Xestión Integrada da Área Sanitaria de Ferrol unha resposta ás seguintes preguntas:

1ª.- Unha persoa que este empadroada na Área Sanitaria de Ferrol e non teña 183 días de residencia no estado Español:

Ten dereito a consulta médica, non urxente
? Ten dereito a medicamentos? Ten dereito á asistencia sanitaria igual que unha/un traballadora/or en activo? Ten dereito á atención de urxencia/emerxencia? No caso de solicitar ou facer uso dalgunha de estas prestacións, ten obriga o persoal da Área sanitaria de Ferrol de facturar o servizo?

2ª.- Unha persoa que este empadroada na Área Sanitaria de Ferrol, que cumpra os requisitos para a tramitación do PSR e que teña a súa solicitude en trámite:


Ten dereito a consulta médica, non urxente
? Ten dereito a medicamentos? No caso de solicitar ou facer uso dalgunha de estas prestacións, ten obriga o persoal da Área sanitaria de Ferrol de facturar o servizo e de que a persoa asine un documento de compromiso de pago?

3ª.- Unha persoa que nos 12 meses anteriores á solicitude de tarxeta sanitaria, non tivera estado cómo traballadora/or en activo, ou percibise o subsidio de desemprego:


Estaría na situación reflexada no punto 2
?

4ª.- Se a resposta é si, nos remitimos ás preguntas realizadas no punto 2.


Cantas persoas se atopan, no momento actual, na Área Sanitaria de Ferrol, nalgunha das situacións anteriormente reflectidas
?
Ante a gravidade da situación, quedamos á espera dunha resposta.

Ferrol a 21 de novembro de 2011.


Aquí se puede leer en

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

0 comentarios: