O MANIFESTÓDROMO DO PP DE FERROL

sábado, 30 de junio de 2012

O pasado xoves o Pleno do Concello de Ferrol converteuse nunha "festa reivindicativa".

O P€P€ quitaba adiante o punto que recorta soldos e dereitos d@s funcionari@s municipais. Estes na súa intervención anunciaron que acudirán a xustiza para paralizar esta modificación do convenio, unha reforma imposta e non negociada. O PSOE, EU e BNG, se puxeron do lado d@s traballadores/as, incluso Javier Galán do grupo de EU, puxo en cuestión a legalidade de varios puntos do citado documento.

A tensión mascábase no salón de plenos, ¡Ladróns! ¡Chourizos!.. foron algúns dos berros que se escoitaban por parte do público presente.

Unha vez rematado este punto volveu a calma ao pleno, pero pouco ía durar.

A "Plataforma Cidadán contra o Malgasto Público" tiña quenda de palabra.

Nese intre Diego Calvo, escapaba do salón, tampouco era necesaria súa NONpresencia (pois xa levaba unha hora durmido no sofá). Juan Fernández (IF) púñase nervioso e empezaba a suar e pórse máis vermello que a Pasionaria, ata por un intre pensei que teríamos que revivilo, e temín de verdade por el, por si fose Guillermo Evia quen tivera que facerlle o boca a boca, pois este levaba vinte minutos revolvéndome a tripa ao velo tragar o que expectoraba. Mentres o Alcalde ao seu... a intercambiar Whatsapps con Borja Carro, Concelleiro de Xuventude (aficionado a que eu lle lance bicos, xa case somos íntimos) e con Verónica Casal, Concelleira de DESIGUALDADE e afecionada a facer de hooligan

Este é o panorama do DESGOBERNO MUNICIPAL, mentres a voceira da Plataforma, Elena Casal, le as demandas da cidadanía en contra da dilapidación de 700.000 € na Praza de España estes xogan co móbil e cos nosos cartos. (premendo o botón LER podedes ollar o texto integro)




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

0 comentarios:

Rádio Filispim